viernes, 1 de junio de 2012






NOVA XORNADA DE TRABALLOS COMUNITARIOS NA EIRA DA XOANA:


Mañá, sábado 2 de xuño, coma sucede habitualmente todos os primeiros sábados de cada mes, ADEGA celebrará unha nova xornada de traballos comunitarios na Eira da Xoana e na súa contorna a partires das 11:00 horas, durante a cal, entre outros, realizaranse as seguintes actividades: engarrafar a sidra, acondicionamento da contorna e preparativos para a Ruta cabalar que terá lugar o vindeiro sábado 23 de xuño.
O PROGRAMA previsto para a xornada é o seguinte:

11.00 h => Encontro na Eira e comezo dos traballos

14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén deberá levar a súa comida para compartir. Dende a organización poñerase queixo, marmelo e café por tan só unha aportación solidaria de 2 € para soci@s e 3 € para non soci@s.

16.00 h => Continuaremos cos traballos.

19.00 h => Remate da actividade


Para máis información:

           http://eiradaxoana.blogaliza.org/

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario