viernes, 15 de junio de 2012

O PROXECTO RÍOS CELEBRA OS VIII ENCONTROS DE VOLUNTARIADO
Este sábado, día 16 de xuño, celebramos os VIII Encontros de Voluntariado do Proxecto Ríos no Concello de Allariz. Este ano centrarémonos no recoñecemento e identificación das aves que habitan nos nosos ríos.
Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.
Ademais, presentaremos oficialmente a nova aplicación web que empregará o voluntariado participante para introducir os resultados das súas inspeccións directamente na rede. Contaremos coa presenza de D. Alfredo Fernández Ríos que fará a presentación do Xeovisor do Proxecto Ríos.
O Proxecto Ríos é un programa da educación e voluntariado ambiental que pretende establecer redes de cidadáns que realicen traballos de estudo e mellora dos nosos ríos. É unha iniciativa de ADEGA promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Na realización destes encontros contamos coa colaboración da Confederación Hidrográfia Miño – Sil e o Concello de Allariz.
PROGRAMA.
10.15 Benvida ao voluntariado
Bernardo Varela, Concelleiro de MA de Allariz
10.30 Presentación de experiencias
Rita Cid. Río Sampil e Pontillón, Celanova.
IES Lagoa de Antela. Río Limia, Xinzo de Limia.
Alumnos/as do Centro de Formación e Experimentación Agro Forestal de Lourizán. Rego de Louriñas, Pontevedra.
Concello de Allariz. Río Arnoia, Allariz.
12.45 Presentacion do Xeo-Visor do Proxecto Ríos
D. Alfredo Fernández Ríos. Xefe do Servizo de Coordinación e Información Territorial.
13.00  Programa Voluntariado en Ríos
Esther de Castro. CH Miño-Sil
13.15 As Aves dos nosos ríos
José Manuel Martínez Mariño, Sociedade Galega de Ornitoloxía
14.15 Sesión de clausura
Francisco Menéndez, Presidente de Augas de Galicia
Francisco Marín, Presidente de CH Miño-Sil
Virginia Rodríguez, Coordenadora do Proxecto Ríos
14.30 Xantar popular amenizado con música
Actuará o trío formado por: María García (violín), Gema Pérez (violín) e Lolita Delmonteil (acordeón diatónico).
16.30 Roteiro guiado polo Festival Internacional de Xardíns de Allariz, á beira do río Arnoia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario