jueves, 27 de septiembre de 2012


Disputaranse en Vilagarcía e Dumbría

XXII CAMPIONATO GALEGO E IV COPA DE ESPAÑA DE CANS DE RASTRO


Este próximo sábado (29 de setembro) e tendo de escenario terras de Vilagarcía de Arousa, vaise disputar o Autonómico de Cans de Rastro (Coello).
A cita acuden os mellores especialistas galegos previamente clasificados nos respectivos provinciais e un total de 11 equipos (3 pola Coruña, 3 por Lugo,  3 por Pontevedra e 2 por Ourense).

A concertación levarase a cabo ás 7,45 h. no Asador-Restaurante “Os Nove Arcos” (Godós) e o exercicio no Tecor (couto) do Sociedade de Cazadores “Karsita”. O Campionato comezará ás 8,15 para concluír ás 14,30 h.

No mesmo restaurante da concentración terá lugar tamén o xantar de clausura e o acto de entrega de premios.


COPA DE ESPAÑA

Por outra banda, Dumbría acollerá o vindeiro día seis de outubro a IV Copa de España de Cans de Rastro. A reunión mañaneira de participantes levarase a cabo ás 7,15 da mañá no Restaurante Bar “A Pedra” (Logoso-Olveira). O comezo da competición está faixado para as 8 da mañá e o final para as tres da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario