jueves, 13 de septiembre de 2012

FERIDOS LEVES 3 BRIGADISTAS AO CAERLLE A AUGA DUN HELICÓPTERO MENTRES TRABALLABAN NA EXTINCIÓN DUN LUME NO MUNICIPIO OURENSÁN DE COLES




A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que 3 brigadistas resultaron feridos de carácter leve ao caerlle a carga de auga dun helicóptero mentres traballaban na extinción dun lume forestal rexistrado no concello ourensán de Coles, na parroquia de Gustei.

Un dos brigadistas pertence á brigada helitransportada de Toén e os outros 2 á base de terra do distrito de Meda. Os 3 están conscientes e aparentemente non revisten gravidade e foron trasladados ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), onde se someterán ás probas pertinentes e aos protocolos sanitarios habituais nestes casos.

Situación do incendio
O lume comezou ás 16:57 horas da tarde e quedou extinguido ás 19:30 horas. Segundo as primeiras estimacións provisionais a superficie afectada é de 2,5 hectáreas de monte raso.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron 1 axente forestal, 4 brigadas, 4 motobombas, 1 helicóptero e 3 avións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario