martes, 18 de septiembre de 2012

O PROXECTO RÍOS INICIA A SÚA CAMPAÑA DE OUTONO 2012

O 15 de setembro iniciouse a campaña de outono do Proxecto Ríos, dentro da cal se realizarán diferentes actividades como a V Limpeza simultánea de ríos, o XVI Curso de Formación, saídas formativas e o programa Roteirríos.



 
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A limpeza tamén será financiada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil.
O Proxecto Ríos organiza unha rolda de prensa para a presentación da campaña de outono de 2012, onde se dará cumprida conta das actividades programadas para esta campaña como: a V Limpeza simultánea de ríos en toda Galiza, e as XVI Xornadas de formación de coordinadores de grupos, diferentes saídas formativas por toda Galiza, e o programa Roteirríos.
Esta presentación terá lugar en Santiago de Compostela (Travesa de Basquiños, 9 baixo) ás
12.00h da mañán o día 19 de setembro de 2012.

Para máis información:
Ramsés Pérez
Coordinador de Educación Ambiental
981 57 00 99 / 616 238 050
ramses@adega.info
www.proxectorios.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario