sábado, 27 de agosto de 2011

MEDIO RURAL AGRADECE AOS TECORES DE GALICIA O ESFORZO REALIZADO PARA CONTROLAR AS POBOACIÓNS DE XABARIL


§        O director xeral de Conservación da Natureza reuniuse co presidente da Federación Galega de Caza para analizar os resultados das capturas de xabaril da última tempada de caza
§        As capturas aumentaron en máis dun 32% sobre as da tempada anterior, pasando de 10.009 a 13.241 exemplares abatidos

Santiago, 26 de agosto de 2011.- A Consellería do Medio Rural, unha vez coñecidos os resultados das capturas de xabaril realizadas durante a pasada tempada de caza 2010/2011 -que rematou o 31de xullo de 2011-, quere agradecer ás Sociedades de Cazadores titulares dos tecores de Galicia o esforzo realizado para controlar as poboacións de xabaril.

O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, quixo agradecerlle persoalmente ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, o traballo realizado nunha reunión mantida hoxe, na que se analizaron as cifras da tempada 2010/2011.



Evolución capturas
Segundo os datos finais obrantes nos servizos provinciais de Conservación da Natureza, as capturas incrementáronse de forma substancial, aumentando en máis dun 32% sobre as da tempada anterior -como se recolle no cadro adxunto-. Deste xeito pódese deducir que a media dos dez primeiros anos é de 4.260 xabaril/ano, mentres que a dos tres últimos é de 10.733 xabaril/ano, con máis dun 250% de incremento.


TEMPADAS
EXEMPLARES ABATIDOS
1998/1999
3.262
1999/2000
2.883
2000/2001
1.603
2001/2002
3.173
2002/2003
3.501
2003/2004
4.085
2004/2005
3.763
2005/2006
5.280
2006/2007
7.289
2007/2008
7.766
2008/2009
8.948
2009/2010
10.009
2010/2011
13.241
TOTAL
74.803


Outros temas tratados
Nesta reunión tratáronse outros temas de transcendencia como a apertura da media veda de codorniz na Limia que iniciase este fin de semana ademais da situación na que se encontra o documento técnico da nova Lei de Caza, en proceso de elaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario