Xavier Nogueira foi recibido hoxe polo Director Xeral de Conservación da Natutreza e polo Director Xeral de Montes
O presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, prosigue a súa rolda de entrevistas cos responsables de Caza e de Montes. Na mañá de hoxe, acompañado do Secretario Xeral da Federación, Ramón Rodríguez, foi recibido polos Directores Xerais de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón; e polo Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto.
Na recepción mantida co responsable de Caza da Consellería do Medio Rural, o presidente dos cazadores federados facíalle entrega dun dossier no que se poñía de manifesto a importancia da caza dentro da economía galega, polo que neste difícil momento económico que está a atravesa-la economía en xeral, debería comezar a considerarse a Caza como un novo sector económico dentro da Comunidade Autónoma. A actividade cinexética, segundo Javier Nogueira, move na actualidade só en Galicia unha cifra de negocio próxima aos 95.000.000 €, segundo datos do estudio realizado pola USC en colaboración co Observatorio da Caza da FGC. Esta actividade deportiva que practica o 2% da poboación galega –cifra que se duplica cando nos referimos á poboación das provincias do interior- está implantada en tódolos municipios e aldeas galegas, que contan cun ou varios tecores (antes denominados coutos de caza) o que trasladado a outros deportes sería equivalente a dicir que tódolos concellos galegos teñen un ou varios polideportivos ou contan cun ou con varios equipos federados.
Presidente y Secretario de la Gallega junto a Tomás Fernández-Couto |
Entre as necesidades plantexadas ao Director Xeral de Conservación polo representante federativo cabe sinalar un Proxecto co que se pretende facer unha divulgación social da caza para espertar na sociedade a importancia desta actividade deportiva tanto social como económicamente; ao tempo que a FGC pretende seguir formando aos cazadores e aos responsables das sociedades de caza principalmente no aspecto de prevención dos riscos para seguir avanzando na reducción da sinistrabilidade coa meta posta en alcanza-los cero accidentes.
Outra das demandas dos cazadores Galegos foi pedirlle á Consellería que manteña as axudas ás sociedades de cazadores para a mellora do hábitat das distintas especies cinexéticas e para a prevención dos danos que están a ocasionar estes animais na agricultura; e por último a Federación Galega de Caza plantexou a súa disposición para que se instale nas oficinas federativas a aplicación informática da Consellería para poder emiti-las licencias de caza desde as súas sedes.
Pola súa parte o Director Xeral, García Borregón, mostrouse disposto a estudia-las necesidades do sector, e agradeciu especialmente aos cazadores o esforzo que realizaron en cumpri-lo cupo de capturas para o control de poboación da caza maior, superando, no caso do xabaril, nun 32% ás da tempada anterior, con 13241 exemplares. O responsable de Caza da Consellería informaba aos responsables federativos da apertura da caza especial do paspallás na Baixa Límia que arrancará esta fin de semana, e do borrador da nova lei de caza que según o Director Xeral está na súa última fase, prácticamente listo para a apertura da participación.
Do despacho de García Borregón, os federativos dirixíanse ao despacho de Fernández Couto-Juanas, Director Xeral de Montes, ao que presentaban tamén un proxecto mediante o cal o colectivo dos cazadores -implantado en toda Galicia e cun coñecemento do medio que significa un activo do cal non se debe prescindir nunha materia tan delicada e que tanto atinxe ao medio ambiente na Comunidade Galega- ponse a disposición do Responsable de Incendios para colaborar na prevención e, mesmo se fora o caso, na extinción, iniciativa que escoitou con especial interese o Director Xeral, comprometéndose a estudialo e telo en conta de cara á próxima campaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario