viernes, 10 de mayo de 2013

CAMPIONATO PROVINCIAL SALMÓNIDOS MOSCA
COUTO DE TABOADA
(RIO DEZA)
18 DE MAIO DE 2013
 PROGRAMA 
SABADO 
07:30 horas                    Concentración dos participantes no Bar “TOXA” de Silleda
                                                  Sorteo de dorsais e entrega de documentación

09:00                            Inicio da 1ª manga
11:00                            Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:45                            Inicio segunda fase
13:45                            Fin da 1ª manga.

14:00                           Concentración e xantar
15:45                                       Inicio da 2ª manga
17:45                            Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:30                           Inicio segunda fase   
20:30                                      Fin da competición

20:30 a 21:15                Entrega de plicas       
                                            

                                      Feita e confirmada a clasificación, entrega de trofeos e peche da competición. 

BASES

1)       O deportista, calquera que sexa a subespecialidade obxecto da competición, só poderá ter unha cana en acción de pesca. Non obstante, poderá dispoñer dunha ou máis canas de  reposto.

2)       Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dunha sacadeira ou trueiro, cuxa lonxitude totalmente extendida non supere os 122 cm. A rede desta, deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo.
. 
3)       A adxudicación dos tramos farase por sorteo, feito en tempo e forma, para garantir a chegada a tempo, para o inicio da proba, de tódolos deportistas ós seus respectivos tramos.

4)       A reunión do Pescador co  Control faráse xunto á táboa que sinale o  inicio do tramo, augas abaixo.

5)       Material permitido:

1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12                   pes).
2. Carretes. De uso opcional   sexa manual ou automático, de bobina  xiratoria.
3. Líneas. Cola de rata de calqueira composición o forma das habituais do mercado, cunha lonxitude  mínima de 22 metros.
       
Permítese:

             a) O uso de líneas flotantes e de afundimento

Non se permite:

a) As cabezas disparadoras ou lanzadoras.
             b) Engadir pesos e dispositivos ou materias flotantes ás líneas de                      pesca nin indicadores de picada.
c) O uso de líneas de corpo plomado.

4. Baixos de Línea. Sinxelos de calquer lonxitude, anudados ou sin nudos e cónicos ou cilíndricos. Non se poderán engadir ó baixo de línea mecanismos de afundimento ou flotación. Os baixos de línea non poden ter elementos adicionais adheridos ó mesmo, distintos ós codais que soporten os señuelos. Estos codais deberán ir fixados ó baixo de línea, anudados ó mesmo ou mediante microanillas sen sobrante algun e deberán ter unha lonxitude mínima de 5 cm., dende o baixo de línea ata a anilla ou paleta do señuelo empleado (mosca, streamer, …). Os codais dos señuelos  fixaránse ó baixo de línea de modo que no poidan deslizarse ó longo do mesmo.
5. Cebos (Moscas). Se autorizan o “streamer” e as moscas artificiais, flotantes ou afundidas que imiten cualqueira das fases do ciclo vital do insecto imitado (larva, ninfa, sub-imago e imago), montadas sobre anzois simples.

                        Permítense:

                        a)  As moscas lastradas, sempre e cando o lastre quede oculto polo revestimiento que debe imitar algunha parte morfolóxica ou formar parte da sua propia estructura. O revestimiento con pintura non se considera como tal. Se autoriza unha única perla ou bolita  visible cuia dimensión máxima non exceda de 4 mm.
                        b) Un máximo de tres moscas; Cando se utilice mais de unha, a distancia mínima entre moscas será de 50 centímetros, medidos cando éstas colguen libremente.

           Non se permite:

a)       As que desprendan colorantes u olores.
b)       O anzol con arponciño ou lengüeta. Son válidos os anzois que teñan totalmente inutilizado o arponciño ou lengüeta, de modo que non ofrezan resistencia algunha ó desanzuelado. 
            Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca    dun       pescador. 
6)       O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba. 
7)       Un inscrito ou participante, que sen causa xustificada ou de forza maior, non participe ou se ausente sen ter nomeado un reserva, será desposuído de licenza federativa por dous anos. 
8)       O campionato constará de duas mangas en cada unha das cales se fará unha clasificación individual. En cada manga os participantes obterán un número de puntos como resultado das suas capturas válidas. Unha vez efectuada a puntuación,  estableceráse a orden de postos de menor a maior. A clasificación individual final,  estableceráse de menor a maior puntuación obtida pola suma de  postos de todas as Clasificacións Individuais por Manga.
9)       Os CINCO primeiro clasificados  obterán praza para o vindeiro Autonómico da especialidade.
10)   Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.
11)   Data límite da inscripción e confirmación de asistencia é o 15/5/2013.
12)   Será imprescindible ter a tarxeta federativa do ano en curso e mai-la licenza de pesca en vigor.
                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario