martes, 28 de mayo de 2013

LEI DE CAZA
Representantes federativos manteñen unha segunda xuntanza coa portavoz do PSdeG

http://www.federaciongalegadecaza.com/img-notis/foto_psdg0513.jpghttp://www.federaciongalegadecaza.com/imgcalendario.jpg28/5/2013
A reunión tivo lugar na xornada de onte na sede do PSdeG no Parlamento de Galicia
Ao igual que na primeira xuntanza celebrada con este grupo parlamentario, a comisión da FGC composta polos presidentes provinciais, asesora xurídica, tesoureiro, vicepresidente e presidente da FGC mantiveron no serán de onte día 27 de maio unha xuntanza con Patricia Vilán, portavoz do PSdeG da área de medio ambiente.
O obxectivo único e primordial que os representantes federativos lle trasladaron á portavoz do PSdeG foi a inquedanza e preocupación que atesouran os cazadores e sociedades de caza da nosa comunidade ante o anteproxecto da nova lei de Caza de Galicia. Este anteproxecto, na súa redacción actual, suporía un duro revés ao desenrolo da actividade cinexética motivado, entre outros puntos, por dous piares esenciais, a responsabilidade patrimonial e as zonas de seguridade. Os representantes da federación trasladáronlle á portavoz que esta futura nova lei, coa súa redacción actual, non aportaría ningunha mellora a lei de caza vixente, mesmo empeorándoa en moitos aspectos.
Patricia Vilán comprometeuse a estudar en profundidade, co seu grupo parlamentario, as achegas da FGC ante esta Lei, emprazando á comisión federativa a unha nova xuntanza no vindeiro mes de xullo.
Gabinete de Comunicación
Federación Galega de Caza



No hay comentarios:

Publicar un comentario