martes, 25 de junio de 2013


Elecciones en la Federación Galega de Caza de Pontevedra con tres candidatos. O próximo día seis de julio celebranse las votaciones

CARTA DO CANDIDATO FRANCISCO COUSELO CASTIÑEIRA

______________________________________________________________________
Nado en Poio (Pontevedra) no ano 1959, a miña afición pola caza veume por vocación e convinción, póis ningún familiar ou antecesor estaba vencellado a este noble deporte.
Paradoxicamente inicieime no desaparecido "Coto de Caza de Cotobade", hoxe en día disgregado en diversos tecores. Era no ano 1979, dende entón o meu vencellamento coa caza foi a máis.

Naqueles tempos da caza maior, nin se falaba. O xabarín, máis que un porco bravo era un porco descoñecido…….máis ben de outros lares. Dese xeito vinme vencellado á caza menor, específicamente no coello.

En febreiro do ano 2001, tiven a honra de ser aceptado como socio na desaparecida Sociedade de Cazadores Xesta-Seixido (A Lama-Pontevedra), hoxe denominada Sociedad de Cazadores San Bartolomé de Xesta, sendo elexido ó ano seguinte Presidente, cargo que desenvolvo na actualidade.

Dende Septembro de 2007 son directivo da Federación Galega de Caza de Pontevedra, exercendo as funcións de Vicepresidente con Xavier Nogueira Diz e últimamente con Juan Alonso Pérez. Ó mesmo tempo dende o ano 2009, son presidente da Comunidade de Montes de Xesta (A Lama).

Unha das miñas inquedanzas é loitar para intentar cambiar a negra lenda que recae sobre os cazadores, que nos tachan de crueles e sanguinarios, cando a realidade é ben distinta, posto que somos os que xestionamos, cuidamos e protexemos os nosos montes, a natureza, e melloramos o habitat da fauna, fomentando unha caza sostible. Baixo o lema "
Cazar non é matar", loitei para que ós cazadores se nos valorase na medida que nos corresponde polos nosos feitos e non polo que dín persoas que nunca pisaron o monte e descoñecen a vida do rural, tentando incesantemente transmitir una idea da caza como aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos.

Como candidato á Presidencia da F.G. C. de Pontevedra, intentarei aportar a miña experiencia e xunto coa directiva (formada por cazadores de maior e menor, tiro con arco, tiro (percorridos, etc.) e cetreiros. Todos xuntos tentaremos acadar un aproveitamento sustentable dos recursos da nosa natureza, dos nosos montes, e da nosa paisaxe, tratando de preservar a biodiversidade a través dunha prespectiva totalmente conservacionista. Loitaremos por unha caza conservacionista, social, ancestral, atávica, xenuina e salvaxe, garantindo a persistencia das especies autóctonas, así como a súa pureza e o seu acervo xenético tanto como nos sexa posible.

Tentaremos achegarnos a sociedade que reside nas grandes urbes fomentando a nosa paixón con demostracións de tiro con arco, cetrería e divulgacións xerais en prol da caza. Defenderemos ás sociedades de caza, asociación cinexéticas e ós cazadores a nivel xeral, pero sobre todo escoitaremos a cada unha das sociedades de caza, para que nos transmitan as súas inquedanzas, sin esquecernos do resto dos colectivos que forman esta federación participando ou competindo en cada unha das modalidades de caza ou tiro. Inculcar ó Colectivo que debemos sentirnos ledos e fachendosos de ser cazadores e amantes do conservacionismo, da paixaxe, dos ecosistemas e da biodiversidade, incluidas todas aquelas especies que non forman parte do recurso.

O futuro da caza está na unión dos cazadores, a federación somos todos e debemos loitar para conquerir novos obxetivos e novos retos.
Paco Couselo C.
Telf. 629 746 0

No hay comentarios:

Publicar un comentario