viernes, 28 de junio de 2013

O LUNS COMEZA A ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS FORESTAIS, QUE SE PROLONGA ATA O 30 DE SETEMBRO

  • Esta medida faise efectiva de acordo co establecido pola normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2013 declárase o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro como de perigo alto de lumes forestais.

A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario