lunes, 10 de junio de 2013


ELISEO FARALDO, EDUARDO CALLES E FERNANDO MANSO  GAÑAN O OURENSÁN DE "SAN HUBERTO" E " CANS DE PARADA"


Tendo de escenario terreos da Parroquia  de Laroá, en Xinzo de Limia,  e Baixo a organización da Federación galega de Caza en Ourense, esta pasada fin de semana disputáronse dous torneos venatorios clasificatorios.

Relación de participantes en "San Huberto"

O sábado, días 8, tiña lugar o “provincial” de San Huberto. Nel  participaron un total de 9 deportistas. O tempo acompañou e o nivel, conmo sempre, alto.
José Ignacio Pérez recollendo o trofeo

 Pasando coa clasificación, o mellor foi Xosé Ignacio Pérez, de Viveiro, co pointer “Sar”. Cazador que participando por “libre” defendía as cores da Sociedade lucense “Alcotán” de Viveiro.
Faraldo en pleno exercicio
Tocante a clasificación do “provincial”, 1º, Eliseo Faraldo (Taboadela). 2º, Xosé Francisco Otero (Manzaneda). 3º, Andrés Santos Fdez.(Allariz). E 4º, Rubén Boquete (Xinzo). Estes catro pasan a fase autonómica.
Grupo

O exercicio comezou pasadas as 9 da mañá para rematar as primeiras horas da tarde, para pouco despois facilitarse a clasificación e procederse a entrega de trofeos, logo do xa tradicional "xantar de confraternidade".

Federativos e os catro cazadores que representarán a Ourense na fase autonómica


                                                       CANS DE PARADA                                   

Vencedor en "británicos" con "Rin"

Pasando co domingo, nesta xornada desenvolveuse o
“provincial” de “Cans de Parada”. Competiron un total de oito “continentais” y 13 parellas (26 participantes) de “británicos” . O mellor en “continentais” foi  “Cuco“, do pontevedrés Eduardo Calles. Mentres en “británicos” gañou o pointer “Kol” de Fernando Manso, seguido de “Rin” do  ferrolán Roberto Dopico.



Eduardo Calles y el federativo Pepe Castro


Grupo
A proclamación dos gañadores e a correspondente entrega de trofeos, o igual que o día anterior, levouse a cabo o remate do xantar de clausura, no que o xuíz, Marcial Ramil, fixo un comentario moi positivo do nivel competitivo, con seis “excelentes” e outros seis “moi bos”.

Roberto Dopico con Ana isabel, antes de competir

El Presidente de la Sociedad de Xinzo con su hija y Méndez Tesouro





No hay comentarios:

Publicar un comentario