jueves, 28 de julio de 2011

ALEGACIONS DE ADEGA AO PROXECTO DE MODERNIZACIÓN DOS DESAGÜES DO FONDO DA PRESA DO EUME

Fins Eirexas Santamaría, secretario executivo de ADEGA,
(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), CIF G-15044811, con domicilio a efeitos
de notificación na Travesa dos Basquiños, 9, baixo, 15704 Santiago de Compostela, no seu
nome e en representación desta entidade, apresenta ao
proyecto de modernización de los desagües de fondo de la presa de Eume”
ENDESA GENERACIÓN S.A., as seguintes
“Documento ambiental para el, proposto por
ALEGACIÓNS
1. No documento ambiental do proxecto non se realiza ningunha análise das posíbeis
afeccións sobre os ecosistemas, dinámica hídrica, hábitats e especies protexidas incluidas
no Parque Natural das Fragas do Eume (LIC ES 1110003) dentro do que se sitúa o encoro,
nin tampouco das consecuencias e posíbeis efectos sinérxicos sobre os LICs situados
augas abaixo (LIC Costa Ártabra, ES 1110002 e LIC Betanzos-Mandeo, ES 1110007).
Este feito xustifica por si só a obrigatoriedade de someter o proxecto a Avaliación de
Impacto Ambiental.
2. Non se avalía a repercusión do proxecto sobre a calidade so subministro de auga á
poboación dos núcleos situados augas abaixo do encoro e que utilizan captacións
provintes do Eume, tal como establece o R.D. 140/2003, de 7 de febreiro. Tampouco
aparecen referenzas ás posíbeis afeccións sobre a pesca fluvial e os recursos pesqueiros e
marisqueiros da ría de Ares, malia a que hai precedentes de altas mortalidades piscícolas
provocadas pola brusca diminución do pH das augas do Eume a causa das escorrentías
ácidas do Chamoselo (obras da autovía Ferrol-Vilalba) e das verteduras dende o propio
encoro d’A Capela.
3. No documento ambiental tampouco aparecen referenzas ao establecemento dun programa
de seguemento e vixianza ambiental, nen a un eventual plano de recuperación dos espazos
naturais, hábitats e especies protexidas afectadas, nen á obrigada coordenación destas
medidas coas determinacións do PORN-PRUX do Parque Natural das Fragas do Eume e
dos Planos de Conservación das especies incluidas no CGEA (Catálogo Galego de
Especies Ameazadas). Tampouco se describe unha programación temporal das medidas
ou mecanismos necesarios para a reducir ou eliminar os impactos ambientais sobre os
elementos citados no punto 1, xa que aquel estremo nen sequera foi avaliado.
4. Non se fai unha caracterización fisicoquímica dos sedimentos a retirar do vaso do encoro,
particularmente con referenza á presenza de metais pesados e outros compostos que
cabería atopar en lamas procedentes da actividade mineira como a que realizou ENDESA
durante o periodo de vida útil da mina de lignito pardo de As Pontes. Esta caracterización
debe facese previamente a calquera actuación, e cando menos debe conter información
encol dos seguintes compostos: nitratos, fluoruros, cloruros, Fe, Mn, Cu, Zn, B, As, Cd,
Cr total, Pb, Se, Hg, Ba, CN
2-
3-
emulsionados, HAP, plaguicidas totais, N total e substancias extraíbles con cloroformo.
5. A respeito das opcións estudadas, a saber, o dragado e depósito dos sedimentos
(alternativa 1) e o de aspiración e “reubicación” dos materiais noutro punto do vaso
(alternativa 2), comentar que a alternativa finalmente escollida (2) estaría ao abeiro do
disposto no artigo 6.1, apartados a e b, do Real Decreto Lexislativo 1/2001, polo que se
aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, a respeito da zona de policía e da servidume
de uso público. Neste senso, e a teor do establecido no artigo 97 apartados a e b, do
devandito R.D.L. 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, esta
actividade estaría prohibida por ser susceptíbel de provocar contaminación e/ou deterioro
do DPH (Dominio Público Hidráulico).
6. A opción proposta (aspiración e depósito noutro punto do vaso) éo unicamente en función
do seu menor custo económico e tempo de execución. Neste senso, artigo 117.1, do
R.D.L. 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, fai referenza a
que en caso de infracción, como presumibelmente incorrería a alternativa escolida (ver
alegación 5), atenderase á repercusión das obras sobre o DPH e ao grao de deterioro
producido na calidade do recurso para impoñer a sanción correspondente. Cabe salientar
que a situación actual do encoro d’A Capela é froito do incumprimento continuado por
parte de ENDESA dende 1960 até a actualidade das condicións da concesión e da
lexislación en materia de augas, feito polo cal dende ADEGA instamos ao organismo
competente (Augas de Galiza) a que inicie un procedemento de extinción da concesión a
ENDESA GENERACIÓN S.A.
7. O “documento ambiental” tampouco avalía a alternativa de dragar uns sedimentos, que
con toda probabilidade e tras a pertinente caracterización fisicoquímica terían a
consideración de residuos tóxicos, e transportalos a un depósito controlado para o seu
tratamento e inertización con cargo á empresa, evitando calquera liberación de augas
contaminadas ao Eume. En troques de “reubicar” estes residuos tóxicos noutro punto do
vaso do encoro expoñéndoos a que en pouco tempo as avenidas estacionais os volvan
depositar no muro, propoñemos que ENDESA GENERACIÓN S.A. trasládeos á
macrobalsa ácida (o mal chamado “lago”) na que está a converter o oco deixado pola mina
de lignito de As Pontes.
8. Con referenza ao establecemento de 4 balsas de decantación na mesma canle do Eume,
augas abaixo do encoro d’A Capela, para recibir os efluentes desaugados periódicamente
dende o vaso, debemos indicar que ao igual que as obras proxectadas na denominada
“alternativa 2”, estas actividades son ilegais segundo establece o artigo 97 apartados a e b,
do R.D.L. 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas. Trátase, sen
máis, de verter progresiva e deliberadamente resuiduos tóxicos á canle dun río, coa
agravante de atoparse dentro dun Parque Natural. Asemade, tais actividades dentro dun
espazo da Rede Natura con presenza de hábitats prioritarios e especies ameazadas están
expresamente prohibidas pola Directiva 92/43 CEE de Hábitats (art. 6, apartados 2, 3 e 4)
así como pola lexislación que traspón ao ordeamento xurídico estatal e galego esta
normativa europea (Lei 9/2001 do 21 de agosto de Conservación da Natureza; Decreto
72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como Zonas de
Especial Protección dos Valores Naturais; Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se
regula o Catálogo galego de especies ameazadas e Lei 42/2007, do 13 de decembro, do
Patrimonio Natural e da Biodiversidade, entre outras).
Por todo o anteriormente exposto,
ADEGA SOLICITA que por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental rexéitese o
Eume”
Secretaría Xeral dése traslado das presentes alegacións ao organismo autónomo Augas de
Galiza para que inicie un procedemento de extinción da concesión hidroeléctrica do encoro
d’A Capela no Eume titularidade de ENDESA GENERACIÓN S.A.
Compostela, 26 de xullo de 2011
Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA

-, SO4, PO4, fenois, hidrocarburos disoltos ou“Proyecto de modernización de los desagües de fondo de la presa de, en base ás argumentacións anteditas. Asemade solicitamos que por parte desta
SR. SECRETARIO XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL
SR. PRESIDENTE DO ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALIZA
CONSELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E
INFRAESTRUTURAS



PREGO DE ALEGACIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario