viernes, 29 de julio de 2011

PUBLÍCASE NO DOG UN ANUNCIO DE MEDIO RURAL SOBRE O CONCURSO PARA ASESORAMENTO TÉCNICO DO GRUPO DE TRABALLO DO LOBO


  • O servizo prolongarase ata o 31 de decembro de 2012, cunha contratación por importe total de preto de cen mil euros, dos que case setenta mil serán financiados con fondos FEDER
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, tramitación ordinaria, do servizo para o desenvolvemento do Plan de Xestión do Lobo. A prestación deste servizo prolongarase ata o 31 de decembro de 2012 e a contratación será por un importe total de preto de cen mil euros, dos que case setenta mil serán financiados con fondos comunitarios FEDER.

O lobo forma parte destacada do patrimonio natural e cultural de Galicia, pero ao mesmo tempo xera unha conflitividade relevante co ser humano asociada aos danos que causa ao gando. Ao respecto, débese ter en conta que, a pesar de tratarse dunha das especies listadas no Regulamento de caza e de non estar incluída actualmente no Catálogo galego de especies ameazadas, trátase dun gran predador que dá lugar a unha problemática social que pode derivar en problemas de conservación para a especie, polo que esta debe de ser obxecto dunha atención especial.

Plan do lobo
O Plan de xestión do lobo en Galicia, que se aproba co Decreto 297/2008, do 30 de decembro, pretende dar cumprimento ademais ás recomendacións do Comité Permanente do Consello de Berna respecto á necesidade de xestionar a especie de acordo cun plan de manexo e á Estratexia para a conservación e xestión do lobo en España, aprobada en Conferencia sectorial o 29 de xaneiro de 2005.

O decreto anteriormente citado establece, na súa sección cuarta, medidas de prevención de danos ao gando (punto 20) e de compensación de danos á gandaría (punto 21).

Asesoramento técnico
A Consellería do Medio Rural saca a concurso, por procedemento aberto, tramitación ordinaria, a contratación dun servizo para o programa de asesoramento técnico do grupo de traballo do lobo, que inclúa o desenvolvemento dos puntos 20 e 21 de formación e asesoramento e que ten de duración ata o 31 de decembro de 2012, sendo o importe total de 98.606,70 euros (IVE incluído) dos que 69.024,69 serán financiados con fondos FEDER.

No hay comentarios:

Publicar un comentario