viernes, 22 de julio de 2011

A FESTA DO ESCALO DE CHAIÁN FOI TODO UN ÉXITO


Os 45 pescadores que competiron colleron 110 kilos de peixes

Tal e como estaba pactado, o domingo 17 de xullo, tendo de escenario o río Tambre (Couto de Chaián) e Baixo a maxistral organización da Sociedade “A Venatoria” de Santiago, celebrouse todo un “clásico” da cana e a sedela: o Concurso Festa do Escalo na súa XXXVII edición que resultaría todo un éxito de participación e de capturas.
A obrigada cita anual dos “peixeiros”  acudiron un total de 45 afeccionados que desde as primeiras horas da maña e ata ben pasado o mediodía disfrutaron dunha xornada na que as capturas foron abondosas.


CLASIFICACIÓN

Por equipos, o mellor foi “Chapistería Ferro”, de Trazo, con 21 kilos. 2º e subcampión,  Talleres Mosteiro ‘B’, con 17 kilos de escalos

No plano individual, Iago Leis Chao, con 7,600 kilogramos de peixes, foi o mellor. 2º e subcampión, Xosé Luís  Vázquez García, con 4 kilos.

En Xuvenís o máis destacado foi o pequeno Xosé Muíños Calvelo,  e en Infantís o primeiro posto recaeu en Xurxo García Mosquera.


O vencedor individual, Iago Leis, tamén se adxudicaría  o  “Trofeo Kías” o acadar o maior número de pezas. Un acto, o de entrega de trofeos, o que asistiron diversas concelleiros dos municipios de Tarzo e Santiago de Compostela, así como a “plana maior” da Sociedade anfitrioa.

OUTRAS FOTOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario