lunes, 12 de septiembre de 2011

CHAMAMENTO DA FEDERACIÓN AOS CAZADORES PARA QUE EXTREMEN AS PRECAUCIÓNS DURANTE A PRÁCTICA DA CAZA



O cazador de Ourense recupérase favorablemente

Perdeu un brazo dun fortuito disparo
Ante o faltal accidente ocorrido a pasada fin de semana en Ortigueira (A Coruña), no que faleceu o cazador  R.L.P.; e o sinistro ocorrido en Corvelle e Calvelos (Ourense) no que resultou tamén lesionado o cazador B.F.A, que se recupera favorablemente no Hospital Clínico de Ourense, a Federación Galega de caza lamenta profundamente estes sucesos, e  tras transmiti-lo seu pesar á familia e aos compañeiros do cazador falecido, e desexar unha pronta recuperación ao cazador accidentado na provincia de Ourense, pide a tódolos cazadores galegos que extremen ao máximo as medidas de seguridade no exercicio da caza, e aproveita, unha vez máis, para lembrar as medidas de seguridade que deben adoptarse, xa que a seguridade na caza depende en gran medida das precaucións que cadaún tome.

Recomendacións:
.- Descarga-las armas antes de manipulalas.
.- Respecta-las normas de seguridade establecidas, con especial atención nos ganchos e monterías
.- Descarga-la arma cando se salte un valado, un cercado, e mesmo ao atravesar un regato ou cando se camiñe por lugares con risco de resbalar ou caer.
.- Antes de efectua-lo disparo comprobar que non se atope ninguén dentro do campo de acción.
.- Disparar cara ao chan e nunca por enriba da liña do monte.
.- Non disparar sobre algo que se move sin asegurarse previamente que se trata dunha peza de caza

Deuse un tiro na man

.- Descarga-las armas unha vez rematada a cacería
.- Dirixi-los caños das armas cara ao chan ou ao ceo tanto ao cargalas como ao descargalas.
.- O uso de chalecos reflictantes ou roupa de cores vivas aumenta a visibilidade e proporciona seguridade.
.- Na caza maior, o uso de emisoras proporciona seguridade e facilita a colocación e localización de cazadores e cans.

.- No caso dos ganchos e monterías, as normas de seguridade mesmo deben ser máis estrictas, sei cabe, que na caza menor, por iso é sumamente importante sinalizar que se está a celebrar unha cacería, e acata-las ordes do responsable da cacería, que é a  persoa encargada de organiza-los cazadores durante o seu desenvolvemento, cuxas instruccións deberán obedecer tódolos cazadores participantes.

En resumo, que toda precaución e pouca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario