miércoles, 28 de septiembre de 2011

A PLANIFICACIÓN DAS ÁREAS NATURAIS PROTEXIDAS É NECESARIA PARA A SÚA CONSERVACIÓN COMPATIBLE CO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
                                 
§        Así o defendeu hoxe o director xeral de Conservación da Natureza, na súa intervención nun encontro da Universidad Internacional Menéndez Pelayo
§        Ricardo García-Borregón explicou as grandes liñas da política da Xunta nesta materia, avogando por un aproveitamento dos recursos desde a perspectiva do desenvolvemento sostible
A compatibilidade entre a conservación da natureza e o desenvolvemento susténtase nunha base xurídica sólida, que debe garantir a sostibilidade, e a planificación e xestión das áreas protexidas é un instrumento necesario para a protección e conservación dos valores albergados polas mesmas.

Esta é, de xeito resumido, a principal tese defendida esta mañá en Santiago polo director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, durante a súa participación no encontro ‘A xestión dos recursos ambientais en Galicia: experiencias, retos e perspectivas’, organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).

García-Borregón pronunciou neste foro a conferencia titulada “A protección do medio natural en Galicia e a súa compatibilidade co crecemento económico e o benestar social”. Nela, o director xeral de Conservación da Natureza explicou polo miúdo e desde unha perspectiva técnica, histórica e xurídica a necesidade de protección e a  perda da biodiversidade, o marco lexislativo de protección, os compoñentes protexidos do medio natural e a compatibilidade da conservación da natureza co crecemento económico.

O director xeral abriu o seu relatorio lembrando as

grandes cifras da perda de biodiversidade no

 ámbito internacional, mencionando a diminución de

especies sobre o planeta, a concentración de

dióxido de carbono ou o incremento da cantidade

de auga embalsada en presas, entre outras.

A continuación, sinalou os esforzos de diferentes organismos e institucións, nos ámbitos internacional, español e galego, para facer fronte a esta situación. Así, lembrou o éxito que supuxo a creación da Rede Natura 2000 no contexto da Unión Europea ou os diferentes cumios e conferencias internacionais que trataron este problema (a partires, sobre todo, do encontro de Río de Xaneiro en 1992, desde o cal –explicou García-Borregón– consolidouse mundialmente a idea do “desenvolvemento sostible”).

Marco xurídico da protección
Partindo desta evolución histórica, o director xeral de Conservación da Natureza adentrouse na explicación do marco xurídico da protección, para concluír que hoxe en día disponse dunha serie de disposicións autonómicas, estatais e comunitarias que conforman o réxime lexislativo básico protector dos recursos naturais, sen menoscabo –engadiu– do seu necesario aproveitamento en aras dun desenvolvemento económico e social ordenado en harmonía co medio natural.

Os antecedentes históricos e o marco xurídico serviron a García-Borregón para avanzar na explicación detallada das áreas protexidas de Galicia, que segundo lembrou abarcan hoxe en día unha superficie total de 865.486,2 hectáreas, contabilizándose un total de 188 espazos (sumando os de ámbito internacional, europeo –Rede Natura 2000–, estatal/autonómico e autonómico).

O director xeral de Conservación da Natureza proseguiu a súa conferencia debullando os aspectos técnicos da conservación, planificación e xestión das áreas protexidas en Galicia, que se realizan, dixo, a través de instrumentos específicos que se corresponden cos Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN), os Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX) e os Plans de Conservación (figura autonómica). Nesta liña, sinalou que todos os parques naturais posúen, desde o momento da súa declaración, un PORN de duración limitada e que, no caso galego, os parques declarados antes da creación da Rede Natura 2000 precisan adecuar os seus instrumentos aos obxectivos desta rede, así como aos da nova lexislación estatal. Así mesmo, de xeito paralelo é necesaria a actualización dos PRUX, que teñen unha duración máis limitada.

Actualización dos instrumentos de xestión
Neste contexto, a Xunta, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, está a desenvolver un intenso labor de actualización ou, no seu caso, elaboración, destes instrumentos. De feito, segundo explicou García-Borregón, actualmente están actualizados ou en fase de posta ao día os PORN dos seis parques naturais e do Parque Nacional con que conta Galicia, atopándose en elaboración ou xa actualizados os PRUX de catro deles.

Todo este traballo enmárcase, tal e como explicou García-Borregón, na estratexia global de acadar unha efectiva compatibilidade entre a conservación e o crecemento económico e o benestar social. Así, o esforzo da Xunta céntrase na conservación dos agrosistemas tradicionais, sistemas forestais e sistemas mariños, sen esquecer as infraestruturas, o urbanismo e as actividades de uso público.

Conservación dos sistemas mariños
Nesta liña, o director xeral de Conservación da Natureza incidiu na importancia do mantemento funcional dos agrosistemas como fórmula para asegurar o mantemento da biodiversidade e o patrimonio natural en amplas áreas do territorio atlántico europeo, e en concreto en Galicia. Do mesmo modo, recalcou o feito de que a totalidade dos bosques naturais da nosa Comunidade correspóndense con tipos de hábitats de interese comunitario e, no que atinxe á conservación dos sistemas mariños, a Rede Natura 2000 engloba tramos costeiros nos que existe unha importante xestión de recursos naturais (pesca, marisqueo) que se realizan sobre hábitats de interese comunitario. Xa que logo, a explotación racional destes recursos resulta compatible cos obxectivos de conservación da biodiversidade mariña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario