lunes, 5 de septiembre de 2011

CO OUTONO TRÁS DO TOXO







El autor, Antonio González

Un día calqueira do outono, saio pra  o traballo e cando me encamiño o caron do coche, unha brisa fria acaricia  miña cara, todo o meu  corpo se tensa pois ainda que  e unha sensación moi esperada  cólleme  de súpeto, con ela doume conta que ise arrecendo, a frio húmedo frota no ambente, levanto a cabeza e miro pra canceira, o seu inquilino tamen está nervoso, seguro quel tamen sentiu a chamada da serra.
         Como a min seguro que lle pasa cada ano a  miles de  galegos que viven a caza como  unha forma de vida.

En pleno ejercicio

         Desde eiqui abogo os meus colegas  pra que éste ano cando saiamos o monte, respetemos  os propietarios dos terreos, mais as suas pertenzas, tamen a fauna non cinexética  e a cinexética tratala con honor, elas están ei pra  facernos sentir o que sentimos, e  merecen ser cazadas de forma ética, que ningún ecoloxista de salon nos poida reprochar a ningun  de nos que somos ecoloxistas de campo e  corazon, nin unha falta por pequechiña que sexa. Que teñamos todos  boa caza pra podela compartir cos bos amigos e coa nosa  familia.

Antonio González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario