viernes, 30 de septiembre de 2011


PROXECTO RÍOS ORGANIZA A IV XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS O DOMINGO 2 DE OUTUBRO

Aumenta o número de concellos e entidades participantes

 

Un ano máis o Proxecto Ríos, promovido por ADEGA organizan a cuarta limpeza simultánea en ríos, desta volta será o primeiro domingo de outubro día 2. A limpeza vai en aumento e nesta xeira realizarase en 39 treitos de río distribuidos en 37 concellos e coa colaboración de 48 entidades. A día de hoxe xa están apuntadas máis de 500 persoas, e dende o Proxecto Ríos  consideramos moi significativa a implicación da cidadanía na conservación dos cursos fluviais. 


Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar xa tres campañas de limpeza, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. Por iso, a limpeza non é unha iniciativa illada dun día de retirada de lixo, senon que se enmarca dentro das actitudes responsables cara a conservación do medio natural e dos ecosistemas fluviais. O coidado e o respeto polo entorno farían innecesarias actividades como esta, ahí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos ríos.
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais.  Ademáis creouse  unha páxina web específica http://limpeza.proxectorios.org/ con información sobre a limpeza, os grupos participantes e contacto dos coordinadores/as. Como nas anteriores limpezas entre o voluntariado repartiranse camisetas específicas co lema Móllate polos ríos.
Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, e tamén para proporcionar material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Os anos anteriores retiráronse un total de 18 toneladas de lixo (estimadas) de orixe diverso (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...). Por este motivo queremos agradecer a colaboración dos seguintes municipios: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga. Lamentar tamén que outros concellos non foran quen de apoiar esta iniciativa e dar soporte (luvas, bolsas, etc) a unha actividade de participación cidadá, como exemplo o concello de Vigo o máis grande de Galiza e que conta cun dos ríos máis contaminados, o Lagares. A actividade está financiada por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe) que dan soporte ao Proxecto Ríos e colabora tamén nesta limpeza a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.


Destacar igualmente a
implicación das 48
entidades así como dos
voluntarios e voluntarias,
e agradecer que se
sumaran a esta iniciativa
xa que sen a súa
colaboración esta
actividade sería
imposible.  

A continuación podes consultar as entidades e os concellos donde se realizará a IV Limpeza simultanea de ríos.



concello
grupo
1
A Estrada
Asoc. A Xesteira
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares
Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre
 Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo)
2
A Merca
Asoc. Xuvenil Xoldreira
3
Arbo
Concello de Arbo
4
Arteixo
ADEGA Coruña
5
Arzúa
 ADEGA Alto Ulla
Concello de Arzúa
Asoc. de pescadores amigos do Iso
6
Betanzos
ADEGA Coruña
7
Caldas de Reis
Asoc. Cultural Xesús González Aboi
8
Cambre
 Oficina de voluntariado do concello de Cambre
9
Carral
Concello de Carral
10
Catoira
C. M. V. M. C. San Miguel de Catoira
11
Carnota
ADEGA Costa da Morte
12
Compostela
ADEGA Compostela
13
Cospeito
Asoc. Revolta Natural
14
Cuntis
Asoc. Cultural “O Fervedoiro”
15
Fene
AETNA
16
Forcarei

Asoc. Moz@s de Forcarei
C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras
A Hortiña da Ponte
Asoc. Entreríos
Asoc. Cult. Pataqueiros de Millerada
Élida (Taberna do Tato)
17
Lalín
Concello de Lalín
18
Lugo
ADEGA Lugo
19
Mañón
Asoc. Cultural Barqueirock
20
Melide
Asoc. De Pescadores do Río Furelos
21
Moraña
Asoc. Cultural "O Arrieiro"
22
Muxía
Concello de Muxía
23
Neda
Asoc. Social Néboa
24
Ordes
ADEGA - Ordes
25
Nigrán
APERTA
26
Ourense
ADEGA - Ourense
27
Ponteareas
Plataforma pola defensa do Tea
28
Pontecesures
Concello Pontecesures
29
Pontevedra
Vaipolorío
Fundación Juan XIXII 
ADEGA-Pontevedra
30
Quiroga

31
Redondela
Concello de Redondela
32
Ribadumia
Colectivo Ecoloxista do Salnés
33
Salceda de Caselas
Asoc. Trezecatorze
34
San Sadurniño
Concello San Sadurniño
35
Trives
AMPA O recreo
36
Valga
Concello Valga
37
Vigo
ADEGA Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario