lunes, 19 de septiembre de 2011


JUAN CARLOS ARTECHE E NICOLASA GONZÁLEZ, CUARTOS NA COPA ESPAÑA DE SAN HUBERTO

A competición disputouse o pasado fin de semana na rioxaba vila de Alfaro

O pasado sábado, día 17 de setembro,  disputouse na localidade rioxana de Alfaro, a Copa España de Caza San Huberto, na que competían os deportistas da selección galega.

Na categoría masculina, o deportista de Palas de Rey (Lugo) Juan Carlos Arteche Castillo, que competía co setter inglés "Breco de Reinadama", quedaba cuarto no barrage.



O seginte día, o domingo, desenvolveuse  a final do Campionato de España de Donas e de Levantadores. En Donas, a flamante campiona galega, Nicolasa González Carrodeguas, de Narón (A Coruña), que competía co setter inglés "Jef de Caaveiro", acadaba tamén o cuarto posto da xeral, mentres que a súa compañeira Ana Arbiol (Palas de Rei-Lugo)  -campiona de España da edición anterior- non pasaba do quinto porto..

En levantadores, o cazador de Nigrán (Pontevedra), Victor Villar Fernández, que aparecía en tódolas quinielas entre os tres favoritos, co seu springer spaniel "Júpiter Estrellas de Tebra", tivo que conformarse co sexto posto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario