miércoles, 14 de septiembre de 2011

ADEGA ACOMETE A IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

  

O PROXECTO RÍOS INICIA  A  SÚA CAMPAÑA DE OUTONO 2011 ORGANIZANDO
A IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS


O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A IV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 31 concellos de toda Galiza, e participarán mais de 31 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, ANPAs…) e 10 concellos que organizan directamente esta actividade. Algúns destes grupos xa participaron na limpeza do ano pasado e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos ou no Proxecto de Custodia Fluvial Ulla, Umia, Lérez. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta cuarta edición. A limpeza que será o 2 de outubro mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 31 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. A limpeza conta co financiamento de Confederación Hidrográfica Miño Sil, e dos seguintes concellos: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga.


Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará  aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Este ano publicouse unha nova páxina web para a limpeza http://limpeza.proxectorios.org/  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e financiadoras.
Outra das actividades da campaña de outono serán o comezo das inspeccións de río (a partir do 15 de setembro) con numerosas saídas formativas por toda Galiza, e as XIV Xornadas de Coordenadores de grupos que se realizarán o 1 de outubro na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (Vilagarcía de Arousa). Como outros anos haberá unha parte das xornadas destinada ás inspeccións de ríos e recoñecemento de macroinvertebrados. Ademáis este ano preséntase a nova aplicación informática para os grupos voluntarios de Proxecto Ríos e do Proxecto de Custodia Fluvial Umia, Ulla, Lérez. Con esta nova ferramenta o voluntariado poderá incorporar os datos das súas inspeccións nesta nova aplicación. Calquera persoa poderá consultar o estado de saúde dos ríos galegos pois será unha páxina con datos públicos.
Para máis información:
Virginia Rodríguez Álvarez
Coordinadora do Proxecto Ríos
981 57 00 99 / 650 261 283
http://www.proxectorios.org/
http://www.proxectorios.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario